logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo
star Bookmark: Tag Tag Tag Tag Tag
Spain

Un estudo analiza o papel dos neofalantes nas linguas

O traballo está coordinado polo profesor do Departamento de Tradución e Lingüística e director da Área de Normalización Lingüística da UVigo, Fernando Ramallo

O futuro das linguas minoradas é un tema de especial interese para os investigadores do ámbito da sociolingüística. Moitos deles, conscientes de que se trata dun contexto no que os idiomas están en continuo movemento, sinalan que estamos ante "o tempo do neofalantismo", un tempo que ten que ser, "necesariamente limitado". Este papel dos neofalantes como factor clave para a revitalización das linguas minoradas é un dos puntos de estudo do libro "Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español", un volume que recolle as primeiras conclusións dun proxecto de investigación no que están involucrados investigadores de Galicia, Euskadi, Aragón e País Valenciano. 

O traballo está coordinado polo profesor do Departamento de Tradución e Lingüística e director da Área de Normalización Lingüística da UVigo, Fernando Ramallo, xunto con docentes do País Vasco e Cataluña. O volume consta de dez capítulos nos que 14 investigadores abordan as diferentes casuísticas que se dan no territorio nacional no proceso de neofalantismo.

Themes
ICO