logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo
star Bookmark: Tag Tag Tag Tag Tag
Spain

Sons de Santomé

A Santomé castrexa e a dos romanos pódese ver nas salas da Praza Maior con regalía, nun amplo elenco cerámico e pétreo disposto con elegancia e fino deseño alternando vitrinas e pezas descubertas con magníficas reconstrucións

Camiñamos dende Ourense a bo paso polas beiras do Miño até achar o leito final do Loña, afluente daquel, e deixando atrás a ponte medieval do pequeno lugar, e algúns vellos muíños cos rodicios mudos, remontamos o seu curso e o rumoroso son das augas até a ponte de Mende. Dende o Colexio Público subimos as fortes pendentes cara monte do santo, con algunha viña e érbedos a carón do camiño, pisando as súas lousas. E cos irregulares muros de valo seco aos lados, unha técnica construtiva recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, chegamos ao lugar no que comezou todo. Alí en 1971, Manuel Blanco Guerra decatouse dunha pedra ao pé da escaleira dunha veciña que era unha Ara romana. O descubrimento do Edil de Perímetro Rural propiciou que Xesús Ferro, director do Museo, invitara ao culto concelleiro a publicalo no primeiro número do Boletín Avriense: e soubemos así do castro romanizado no que viviu Lucio Tercio Capito, e de Tutela, a quen lla dedica VSLM, ou sexa, de boa vontade, peza exposta nas salas d’Afundación. O Arqueolóxico prestaríalle unha sistemática atención dende os anos oitenta, coa dirección de Francisco Fariña e a súa equipa de especialistas, nomeadamente Xulio Rodríguez, o seu sucesor no Museo na última década, para quen ten sido ademais recorrente tema de publicación e un salientable traballo académico universitario. Malia o peche das instalacións museísticas no 2000 as campañas de prospección non se detiveron, sendo a máis recente o pasado ano, dirixida por Eduardo-Breogán Nieto.

A Santomé castrexa e a dos romanos pódese ver nas salas da Praza Maior con regalía, nun amplo elenco cerámico e pétreo disposto con elegancia e fino deseño alternando vitrinas e pezas descubertas con magníficas reconstrucións. Aquí están elementos do lar, cos trisceles, rosetas e outros elementos ornamentais de pedra, as tégulas e ímbrices dos tellados, unha delas con marca de oleiro. Na cociña, as vaixelas cerámicas, e as terra sigillata de la Graufesenque, nas Galias; e as lucernas, tan expresivas na súa iconografía, caso do Cupido cos atributos de Hércules e a do amoriño atado mordido por un león. Do máis salientable son as moedas dende Augusto até o solidus de ouro de Honorio, do século V. Hainas tamén co Sol Invicto de Constantino, a de Apolo na de Caracalla, o emperador de Lyon que co do Edicto estendeu a cidadanía romana ao imperio en 212; ou as da Concordia no reverso, analizadas todas pola doutora Cavada Nieto, con Rodríguez e Varela. Cuncas, pratos e xerras comparten espazo con olas de grandes dimensións como o dolium para aceite ou viño. Moi agradecidos de ver son os aneis, pendentes e fíbulas de metal, algunha delas como a letra grega Ω. Teñen aparecido tamén unha protectora figa, o famoso amuleto fálico, e broches calados de cinto que chaman tipo Simancas, un deles con arcos de ferradura, sendo o do cabalo-icona do xacemento, denominado ‘tipo Santomé’ segundo Aurrecoechea-Fernández, unha peza sobranceira. Todo elo e máis in situ, nun espazo natural con carballos, sobreiras, piñeiros, fentos, frores e prantas aromáticas e moitos érbedos. Orgullosos do noso. ¡Chapeau!

Themes
ICO