logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo logo
star Bookmark: Tag Tag Tag Tag Tag
Spain

Ribadavia crea bolsas de emprego para cubrir vacantes

as listas son para profesores de música, un operario, un oficial,  traballador social e educador social

O Concello de Ribadavia vén de aprobar as bases que rexerán o proceso de elaboración de listas para a provisión temporal de determinados postos de traballo. As categorías para as que se fai a convocatoria son as de profesores de conservatorio e escola de música, concretamente para profesionais das especialidades que se imparten en Ribadavia; tamén de operario de instalacións deportivas e oficial de instalacións deportivas; educador social e traballador social.

O obxecto da presente convocatoria é o de elaborar listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías antes especificadas da Administración do Concello de Ribadavia.

Desta maneira, o concello recurrirá ao persoal anotado, nos casos en que a súa selección se considere de urxente necesidade como consecuencia de vacantes, baixas laborais das persoas que desempeñen estes postos, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo no caso de ser necesario.

As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello ou na propia páxina web: www.ribadavia.es, e as solicitudes poderán presentarse ata o día 9 do próximo mes de decembro de 2019.

Por outra banda, o concello tamén mantén aberta a covocatoria para a creación doutra bolsa de emprego que ten que ver cos auxiliares de axuda no fogar. De igual forma que nas anteriores categorías, as solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello. O prazo abriuse o pasado día 4 de novembro, e rematará o próximo 22 do mesmo mes.  Con este sistema, os responsables municipais pretenden cubrir con rapidez as baixas, traslados ou vacacións, sen ter que recurrir á oficina de emprego.

Themes
ICO