Spain

O Concello de Monterrei impulsa unha iniciativa para realizar o Camiño de Santiago

A actividade divídise en 8 etapas que se realizarán os domingos, a partir do 11 de abril

O Concello de Monterrei vén de anunciar unha nova iniciativa acorde a este ano Xacobeo. Dende a casa consistorial están organizando a realización do Camiño de Santiago, concretamente o Sanabrés, da Vía da Prata.

Este proxecto dividirase en 8 etapas, cada domingo dende o 11 de abril ata o 30 de maio. A idea é, segundo Marcos Meno, traballador do Concello e organizador da iniciativa, realizar cada domingo un anaco do Camiño ata chegar á Santiago de Compostela.

“A idea xurdiu mentres lle comentaba a un amigo que este ano quería facer si ou si o Camiño, e argallando entre os dous decimos facelo a través do Concello”, conta Meno.

O grupo sairá de Monterrei na primeira etapa, chegando a Zos en Trasmiras, onde un autobús recollerá ao grupo. Na segunda etapa, este bus levara aos participantes ata Trasmiras e alí iniciarán o percorrido ata Allariz, onde serán recollidos, e así en cada etapa sucesiva: Allariz – Ourense, Ourense – Cea, Cea- Dozón, Dozón- Silleda, Silleda- Ponte Ulla e Ponte Ulla – Santiago de Compostela.

A actividade contará con dous monitores, un coche de apoio e un seguro, tendo "un custo mínimo para os participantes", di Meno. Ademais tamén se lles dará froita e alimentos enerxéticos durante as camiñadas.

As prazas para realizar o Camiño son limitadas -un total de 40- e "terán preferencia os empadroados en Monterrei".

Así, dende o Concello promoven un estilo de vida saudable, o coñecemento do patrimonio e da historia, ao igual que a promoción do turismo, a través do Camiño de Santiago.

Camiñadas saudables

Non é a primeira actividade enmarcada no eido da saúde física que organiza o Concello de Monterrei. Xa o verán pasado organizaron as “Camiñadas saudables” polo entorno do concello, algo que volverán a retomar en xuño ao remate da realización do Camiño de Santiago. 

Football news:

Tedesco abrió a Promes con un nuevo lado: también actúa de manera saludable entre las líneas. Grigoryan sobre khavbek
El Manchester United y el Arsenal están Interesados en el Fluminense Martinelli, mientras que el Centrocampista del Fluminense Martinelli podría seguir su carrera en la Premier League
Courtois sobre 2-1 con el Barça: el Real Madrid demostró que sabe pelear
Messi no ha marcado al Real Madrid desde mayo de 2018
Zinedine Zidane: Real Madrid venció al Barça merecidamente. No se puede descartar todo al juez
Ronald Koeman: el Árbitro tuvo que poner un claro penalti. Pero el Barça volverá a tener que resignarse
Sergi Roberto sobre la caída de Braithwaite: Sorprendió que el árbitro dijera de inmediato que no había nada. No se dirigió a VAR