Spain

Celanova reivindica o uso do galego na Xustiza

Un total de 38 concellos da provincia de Ourense confirmaron a súa adhesión á bautizada como "Declaración de Celanova", que,este xoves, a partir das 12,00 horas, asinarase na vila de San Rosendo para promover o uso do galego na administración de Xustiza. A Irmandade Xurídica Galega é a organizadora dun acto que se enmarca na conmemoración do 25 aniversario do primeiro expediente xudicial desenvolto integramente en galego, e que foi impulsado polo Xulgado celanovés, sendo xuíz o actual alcalde, Antonio Puga, e con Anselmo Menéndez como secretario.

A celebración comezará ao mediodía co descubrimento dunha placa conmemorativa no interior do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción "que deixará constancia do feito, e na que figurara o xuíz que a ditou e o secretario do Xulgado que participou na instrución  do caso xulgado", explicaba Xosé González. Acto seguido, xuristas e rexedores trasladaranse ao Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo. "Alí darase a coñecer a Declaración de Celanova, procedéndose a asinala por parte dos alcaldes e alcaldesas presentes", matizaba González, quen confirmou a participación musical de María do Ceo.

Football news:

Hradecki sobre la salida de Bayer: muy ofensivo. Intentaremos ganar la Europa League la próxima temporada
Barella sobre 2-1 con Bayer: Avergonzaron a los críticos del Inter que dudaban de nuestra cohesión
Tony about Pirlo en Juventus: Pogba sería el regalo perfecto para él. Andrea comenzará a construir el juego desde el mediocampo
Sulscher sobre la victoria del Manchester United: llegamos a la tercera semifinal de la temporada y ahora queremos llegar a la final
Mata sobre la victoria del Manchester United: el Equipo está físicamente agotado. No es nuestro mejor partido, pero ahora es importante ganar
Bass Pro 1-2 del Inter: después de los 20 minutos iniciales, Bayer entró en juego. Creía que podíamos hacer algo
Conte sobre 2-1 con Bayer Leverkusen: Cuando el entrenador ve tanta dedicación, siempre está feliz