Spain

Albarellos estreará unha senda peonil na Vía da Prata

A Consellería de Infraestruturas ven de adxudicar o proxecto que costará 150.000 euros

O termo de Albarellos de Monterrei estreará entre finais de ano e principios do vindeiro unha nova senda peonil que transcorrerá pola Vía da Prata e que mellorará a comunicación a pé neste entorno da comarca de Monterrei. 

A actuación, que será sufragada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, acaba de ser adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos Sociedade Anónima por un importe de case 150.000 euros.

Os traballos, xa anunciados dende a Administración autonómica galega, comezarán durante o vindeiro mes de agosto e terán un prazo de execución de seis meses, polo que se espera poder estrear a nova senda entre o mes de decembro e principios de xaneiro. Por outro lado, e tal e como informaron dende a Consellería de Infraestruturas, o itinerario previsto no proxecto desenvolverase na estrada autonómica OU-143. Neste senso, o trazado coincide no seu percorrido co discorrer da Vía da Prata, máis concretamente, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,460 e 1,800.

Agárdase que a nova senda facilite os desprazamentos cotiás dos veciños desta contorna dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro.

Football news:

El Manchester United amenaza con salir de las negociaciones sobre Sancho si el Borussia no baja el precio de los 120 millones de euros
Cesc sobre Casillas: Eres un espejo para mirar
Las mascotas solitarias son otro símbolo del año
Casemiro: Bale es el Top 3 del mundo en su mejor nivel. Pero hay que admitir que no está en la mejor forma en este momento
Ferran torres: Todos los jugadores quieren estar en el equipo ofensivo, y City es uno de los equipos más ofensivos del mundo
Man City anunció el traslado de Ferran torres desde Valencia
El Conde alemán Zeppelin, los calzoncillos calentados y Herbert Chapman. La final con la que comenzó el gran Arsenal de la década de 1930