Spain

A matanza do porco, a estudo no museo de Verín

Os responsables do Museo de Verín buscan a colaboración veciñal para recabar información sobre a tradición da matanza do porco na comarca e impulsar un proxecto de investigación etnográfico colectivo para preservar a esencia social deste evento. Máis concretamente, o Museo de Verín pretende recuperar aqueles elementos sociais que marcaban as características deste ritual moi arraigado na vida rural e integrado nas tradicións de outras celebracións tan relevantes como o propio Entroido. A matanza do porco, "máis alá doutras posibles consideracións e da función de abastecemento de carne para o resto do ano", posuía un significado, din dende o museo, "como acto social fundamental na cohesión da vida rural e como símbolo de prestixio para as familias. Tanto é así, que as tradicións entorno á súa celebración constitúen unha das formas máis representativas da cultura popular galega".

Nos últimos tempos, o envellecemento da poboación, o éxodo do rural e os cambios sociais están a diminuír o número de matanzas en Galicia. Ante a súa "acelerada desaparición", faise "necesario" preservar "o seu significado social para a memoria colectiva futura", alegan no museo verinés, quen abriu todas as súas canles á conversa coa veciñanza para que ata o vindeiro 10 de xaneiro, veciños e veciñas poidan facer chegar as súas testemuñas para construír "a historia da comarca".

O envellecemento da poboación, o éxodo do rural e os cambios sociais están a diminuír o número de matanzas en Galicia.

Football news:

José Mourinho: van Dyck no puede ser reemplazado. Van Dijk solo puede reemplazar a van Dijk cuando regrese el entrenador del Tottenham, José Mourinho, habló sobre los problemas del Liverpool antes del partido a tiempo completo con el Club Merseyside
Mikel Arteta: Edegor es joven, pero ya jugó en el nivel superior. Es genial que el Arsenal haya podido firmarlo
El ex centrocampista del Borussia Dortmund y del Manchester United Shinji Kagawa se convirtió en jugador del PAOK
Thomas Tuchel: Chelsea jugará con valentía y de manera ofensiva
Los zumers deben proporcionar torneos emocionantes. En el Top 5 de la liga 1826 partidos, en la liga de Campeones - sólo 125. Agnelli sobre el futuro del fútbol
Gattuso tiene una relación fría con de Laurentis. La renovación del contrato ahora parece poco probable
Sulscher sobre transferencias de invierno: el Manchester United tiene una composición fuerte y de calidad. Me sorprendería si firmamos a alguien