Spain

A bolboretiña do día | Falar e afalar

Os galegos falamos. O verbo falar non ten dúbida nin problema ningún. Conxugámolo regularmente á parte dos da zona do Salnés que regularizan o pasado dos verbos da primeira -o normal é falar, falei- como se fosen da segunda e terceira -eles din de falar, falín; como comín ou sufrín-. Por iso soa simpático cando din “Durmíame conducindo e parín un pouco, a tomar o aire”. Se algo escoita así, e que é de Vilagarcía ou Cambados ou por aquelas contornas. Outro verbo parecido é “afalar” que é, simplemente, falar cos animais, especialmente os de carga ou tiro animándoos ao esforzo. Iso si que se perde e non sei se estarán gravadas aquelas ordes afalando o gando de “Abilloei.. ei vaca bei”, “Torna ó regho, Marela” ou semellantes. Un fala coas persoas e afala os animais. Claro que nestes tempos de canificación acelerada cada vez vemos máis humanos mantendo conversas unilaterais con cadelos tan educadiños e ben vestidiños eles, que atenden fixamente aos amos e amas, óllanos mansos, e nunca lles levan a contraria. Se cadra por iso hoxe hai máis cans ca fillos. Craso erro, pero iso é outro tema. 

Football news:

El Árbitro Chris Cavanagh canceló El gol del Manchester United Edinson Cavanagh en la portería del Tottenham
Lingard anotó 8 goles en la temporada de la Premier League, repitiendo su récord personal
Antonio Conte: el Inter ha crecido mucho en todos los aspectos en dos temporadas
Vázquez se perderá el resto de la temporada del Real Madrid. Tiene un esguince en el ligamento cruzado
Mesut Özil: el Real Madrid es el favorito en la lucha por el título De la liga. Benzema, el mejor delantero del Campeonato
Bixant Lizarazu: Benzema es uno de los mejores jugadores en la historia del fútbol francés
La discreta alineación dañó al Barça en el primer tiempo y obligó a ir todo. Segundo tiempo = diversión